A Deputación recalca que na Rúa General Portomeñe de Antas pódese estacionar a ambos lados
Nos últimos días estanse producindo bulos e mentiras sobre esta cuestiión polo que o presidente do ente provincial traslada que se pode aparcar como viña facendo habitualmente e polo tanto non serán multados
Laura Moure/Antas de Ulla

A Deputación de Lugo emitiu onte, venres, un comunicado sobre a Rúa General Portomeñe de Antas de Ulla, en concreto sobre a situación na que quedou o estacionamento tras as obras de mellora acometidas.
Este é o seu escrito íntegro:
ANTE A DESINFORMACIÓN que se está producindo nos últimos días en torno á situación na que quedou o estacionamento na rúa General Portomeñe de Antas de Ulla tras as obras acometidas pola Deputación de Lugo nesta vía de titularidade provincial, O PRESIDENTE DA INSTITUCIÓN, JOSÉ TOMÉ ROCA, REMITIU ESTE VENRES UNHA CARTA A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTA RÚA INFORMÁNDOOS DE PRIMEIRA MAN DO SEGUINTE:
• A Deputación de Lugo destinou un presuposto superior ós 100.000€ para obras que supoñen a mellora das condicións de circulación e de seguridade da rúa General Portomeñe de Antas de Ulla, tanto de condutores, como de peóns, sobre todo de noite ou con néboa, xa que as liñas pintadas axudan á conducción.
• Unha vez realizados os traballos preparatorios, procedeuse á pavimentación da rúa con aglomerado en quente, á creación de tres pasos de cebra elevados e, finalmente, ó pintado da rúa con marcas viais reflexivas blancas, cumprindo coa normativa vixente.
• Para maior seguridade e comodidade do tráfico, o pintado da rúa inclúe a delimitación dos dous sentidos da circulación, PODENDO ESTACIONAR A AMBOS LADOS DA RÚA, COMO SE VIÑA FACENDO ATA O DE AGORA.
• Sendo coñecedor de que nos últimos días se están producindo bulos e mentiras a este respecto, o Presidente traslada ós veciños que os condutores que estacionen como viñan facendo habitualmente, NON SERÁN MULTADOS.