top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación promocionará a máis de 40 artesáns e produtores locais no Festival da Luz de Boimorto

Formoso definiu a feira como "unha oportunidade única para dar a coñecer o noso territorio e as potencialidades do rural no ámbito artesanal, innovador e medioambiental"


Laura Moure/Boimorto

Un ano máis, a Deputación da Coruña promocionará os produtos locais, artesanais e ecolóxicos da provincia no Festival de La Luz, que se celebrará en Boimorto os días 10, 11 e 12 de setembro. "O Festival de la Luz é, ademais dun evento cultural e solidario de referencia, unha oportunidade única para que produtores da nosa provincia dean a coñecer o mellor do noso territorio, así como o potencial que teñen os concellos do rural no ámbito artesanal, innovador e medioambiental", expresou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.


Nesta edición do Festival serán 42 os produtores e produtoras que instalen os seus postos no Mercado Deputación da Coruña procedentes de concellos como Ames, Cambre, Santiago de Compostela, Sada, Ordes, Santa Comba, Noia, Malpica, Ferrol, O Pino, A Coruña, Camariñas, Cabanas, Valdoviño, Neda, Melide, Vedra, Ponteceso, Arzúa, Miño, Paderne, Abegondo, Culleredo, Curtis ou Oroso.


Como noutros anos, a Deputación reservará un posto propio para promocionar a provincia como destino turístico entre as persoas que asistan ao festival.


O Mercado Deputación da Coruña acollerá, deste xeito, espazos dedicados á artesanía, áreas expositivas, charlas, obradoiros e iniciativas para todos os públicos vencelladas á provincia. Unha feira con vida propia, na que os diferentes produtores asistentes tamén poderán, ademais de dar a coñecer o que ofrecen, crear novas sinerxías con outros establecementos, abrindo a posibilidade de configurar proxectos e fortalecer o comercio local nesta etapa de reactivación despois da crise económica xerada pola pandemia da covid-19.


Listaxe de produtores locais e artesáns participantes no Mercado Deputación da Coruña:

  • SILVEREIRA (Ames)

  • VIODIVINITYS (Cambre)

  • NOGA ARTS (Santiago)

  • JOSÉ RAMÓN ARAGON (Sada)

  • ESTHER FERREIRO (Santa Comba)

  • CLAUDIA MOAR (Ordes)

  • O ZUNIDO DOS VAGALUMES (Cambre)

  • RECUNCHO DE CUCADAS (Noia)

  • NENE SON (Santiago)

  • ALFARERÍA LISTA (Malpica)

  • SANTÍN (Cambre)

  • VACATOLA (Ferrol)

  • COMPLEMENTOS LE-LÉ (O Pino)

  • GEMA SANDÁ (Coruña)

  • SILVINA MUÑOZ (Camariñas)

  • ESTILO PURATITI (Ames)

  • A CASTREXA (Cambre)

  • CABANAS RURAL (Cabanas)

  • JATAFARTA (Santiago)

  • UPALAH Artesanía (Valdoviño)

  • DAVID VARELA (Cambre)

  • EUGENIA DOMINGUEZ (Neda)

  • BULEBULE (Coruña)

  • LAIA ZAPATEIROS (Melide)

  • MAILO (Vedra)

  • REDEIRAS DE CORME (Ponteceso)

  • ORIXES ARTESANS (Ferrol)

  • MARÍA VIQUEIRA (Santiago)

  • MILENA COLELLA (Santiago)

  • PRADO NIMO (Arzúa)

  • FADEMUR GALICIA (Santiago)

  • PAULO MARTIN PM (Miño)

  • CASPERLOTA ATELIER (Paderne)

  • ASOCIACIÓN ARRAIANAS (Santiago)

  • PAZ NAVAS (Coruña)

  • CARQUEIXAS (Abegondo)

  • ORBALLO (Paderne)

  • AGAELA GALICIA (Culleredo)

  • LORENA BARCIELA (Sada)

  • BRAZOLINDA (Santiago)

  • JEROLAS (Curtis)

  • SOLEDAD MATO (Oroso)

O cartel do festival e toda a información no seguinte enlace:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page