top of page

A Deputación prestaralles o servizo de Administración electrónica a 61 entidades locais, entre elas a todo Deza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Deza

A Deputación de Pontevedra avanza no novo convenio para a prestación do servizo de Administración electrónica a entidades locais da provincia, aprobado o pasado mes de febreiro e dotado con algo máis de 2 millóns de euros. En concreto, tal e como explicou o presidente, Luis López, a Xunta de Goberno acaba de aprobar os convenios de colaboración con 51 concellos, seis entidades locais menores e catro mancomunidades da provincia para prestar este servizo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Trátase dos concellos da Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Lama, Agolada, Arbo, As Neves, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa. Ademais, tamén se aprobaron os convenios coas entidades locais menores de Arcos da Condesa, Bembrive, Chenlo, Camposancos, Morgadáns e Vilasobroso, e as mancomunidades do Morrazo, O Val Miñor, O Salnés e O Baixo Miño.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por outra banda, o presidente da Deputación informou de que a Xunta de Goberno acaba de darlle luz verde tamén ao expediente para contratar o servizo de implantación, formación, soporte e mantemento da solución administrativa electrónica para as entidades locais da provincia, cun orzamento total de 2,07 millóns de euros. Tanto os convenios coas entidades locais coma este servizo terán unha duración de tres anos.



Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page