top of page

A Deputación percorre o tramo da EP-6503 Silleda-Siador-Refoxos, onde investirá preto de 780.000 euros

O Concello celebra o investiment e pide que a actuación responda ás necesidades reais do viario


Laura Moure/Silleda

A deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade, Belén Cachafeiro, supervisou este mércores o estado da estrada provincial EP-6503 Silleda-Siador-Refoxos, no Concello de Silleda, onde a Deputación de Pontevedra vai investir preto de 780.000 euros para mellorar a seguridade viaria e garantir a debida prestación do servizo público.


Tal e como explicou a deputada, as obras que se van desenvolver abranguen a totalidade da estrada, é dicir, os 7,6 quilómetros que unen Silleda e Refoxos e que discorren de maneira íntegra polo Concello de Silleda. En liñas xerais, a actuación consiste na reposición do firme co obxectivo de garantir a mellora da seguridade viaria.

Con esta actuación, ao detalle, vanse executar saneos e realizar o fresado da capa de rodaxe en mal estado. Tamén se instalarán redutores de velocidade en Corrospedriños, atendendo a solicitude da veciñanza, levarase a cabo o recrecido do firme mediante a extensión dunha capa de formigón botuminoso en quente e reporase a sinalización horizontal. Belén Cachafeiro explicou que unha vez que estea licitada e adxudicada a obra, está previsto que a actuación se desenvolva nun prazo de execución de catro meses.


O Concello recibiu con satisfacción o anuncio, "xa que é unha vía que leva anos acumulando queixas da veciñanza e advertencias formais do propio goberno municipal polo seu estado de conservación". No executivo local entenden que a actuación chega nun momento necesario para unha estrada clave na mobilidade dunha das parroquias máis próximas ao casco urbano.


A alcaldesa, Paula Fernández Pena, sinala que toda inversión é positiva, pero insiste en que “o importante agora é que a obra sexa completa e acorde cas necesidades reais da zona”. Por elo, o Concello xa solicitou formalmente o proxecto técnico, o alcance exacto da intervención e o cronograma de contratación. Este punto resulta especialmente relevante porque o goberno municipal ten prevista unha actuación nos accesos ao núcleo de Sestelo, o que fai imprescindible coordinar prazos e traballos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o executivo local deféndese que a intervención non pode limitarse á renovación do firme puntuais “compartimos que non se asfalte todo o tramo porque existen zonas que están en bo estado, pero a lóxica territorial apunta á necesidade de incorporar cunetas tendidas transitables que conecten as sendas da estrada Silleda-Folgoso, con Siador e Sestelo” di a alcaldesa, para así garantir continuidade e seguridade nun tramo con tránsito diario e forte vinculación coa vila, tamén pola presenza do Santuario da Saleta.


Ademais, o Concello considera necesario que o proxecto inclúa solucións estruturais de drenaxe, con cunetas tendidas nos puntos con acumulacións recorrentes de auga, e de maneira especial, na zona de Currospedriños, onde existen vivendas ao carón da vía. Recorda a administración local que xa o ano pasado tivo que facerse unha intervención urxente precisamente por problemas de drenaxe na zona do lugar de Siador.


Desde o goberno local sublíñase que a unha planificación compartida permite optimizar recursos públicos, evitar actuacións inconexas e ofrecer solucións duradeiras á veciñanza “a comunicación concello-deputación debería ser clave cando se trata de deseñar novas actuacións e servicios” di a alcaldesa.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O Concello reafirma así a súa disposición á colaboración institucional leal, convencido de que as grandes infraestruturas deben executarse desde a cooperación e co obxectivo común de mellorar o territorio.


Desde o goberno local insístese en que o investimento é benvido. Agora o que corresponde é executar unha actuación coherente, coordinada e á altura das demandas que durante anos se trasladaron tanto desde a veciñanza como desde o propio Concello.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page