top of page

A Deputación mellorará a seguridade viaria do lugar da Carreira e na travesía de Souto, en Toques

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

As obras, que suporán un investimento de 412.000 euros, continúan os traballos de mellora da seguridade acometidos polo ente provincial nesta estrada ao longo dos últimos anos


Laura Moure/Toques

A Deputación da Coruña leva a pleno mañá venres, 25 de novembro, a aprobación dun novo proxecto para a mellora da seguridade viaria na DP-4604 ao seu paso polo Concello de Toques, concretamente no lugar da Carreira e na travesía de Souto.

Fonte: Deputación A Coruña

As obras, que suporán un investimento de 412.000 euros, continúan os traballos de mellora da seguridade acometidos pola Deputación nesta estrada ao longo dos últimos anos, que incluíron a eliminación de curvas perigosas, pavimentacións, remodelación da travesía do Souto e a construción de beirarrúas e sendas en distintos tramos para mellorar a seguridade peonil.


No lugar da Carreira a actuación proxecta agora a construción dunha nova senda peonil na marxe dereita no tramo da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 13+130 e 13+344 e na marxe esquerda ao longo do tramo entre os puntos 13+105 e 13+340. As beirarrúas existentes na marxe esquerda serán obxecto de remodelación. Na travesía de Souto realizarase un novo tramo da senda peonil desde o punto quilométrico 7+636 ata o 8+156, na marxe esquerda, e desde o punto 7+706 ata o 7+766, na marxe dereita. A senda colocarase ao mesmo nivel que a calzada e tamén estará separada por unha canle.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

No proxecto inclúese tamén a execución dunha rede de recollida de pluviais nas zonas onde se precise, completando a rede coa prolongación das obras xa existentes para o drenaxe transversal. A execución desta obra pretende dotar ao lugar dunha maior seguridade, tanto para o tráfico de vehículos como para os desprazamentos a pé.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page