top of page

A Deputación mellorará a estrada LU-P-1809 que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O orzamento é de 214.000 euros e renovarase 20 quilómetros desta vía


Ecos da Comarca/Antas de Ulla

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas actuacións na rede viaria provincial para mellorar 70 quilómetros de catro estradas que discorren por nove concellos da provincia cun investimento total que ascende a máis de 850.000 euros. Así o informou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto. E entre estes concellos figura Antas de Ulla.

A actuación neste municipio da Ulloa consiste no proxecto e a licitación das obras de rehabilitación da estrada LU-P-1809, que comunica Chantada, Taboada e Antas de Ulla. O orzamento é de 214.000 euros para renovar 20 quilómetros desta vía: dende o punto quilométrico 3,6 ao 23,8. O prazo de execución é de tres meses.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page