top of page

A Deputación licita por 239.216 euros a construción dunha senda peonil na DP-7901 de Chorén á Cruz

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 8 jun 2021

Este vial está no municipio de Santiso


Laura Moure/Santiso A Deputación da Coruña licita por 239.216 euros a costrución dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial DP-7901 ao seu paso polo concello de Santiso. O deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, explicou que as obras levaranse a cabo nun tramo de aproximadamente 1,5 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0+130 ao 1+600 desta vía que conecta os núcleos de Chorén e A Cruz. A estrada é unha das principais arterias de comunicación do municipio, xa que une a AC-840 co lugar de A Cruz, onde se atopa a Casa Consistorial.

Na actualidade os veciños e veciñas que residen no lugar non dispoñen dun espazo seguro polo que transitar, contando ademais con elementos como contedores instalados na calzada que dificultan a súa mobilidade e que reducen a visibilidade dos vehículos que circulan pola plataforma. Estas circunstancias non permiten a correcta visibilidade e supoñen un risco para o tráfico rodado e peonil.


Un vehículo de Obras da Deputación.

Co obxectivo de dar resposta a esta situación, a área de Vías e Obras da Deputación construirá unha senda de formigón na marxe dereita da estrada. Esta contará cunha anchura de un metro e medio, tendo que reducirse ao metro nalgúns puntos nos que haxa algunha edificación ou peche. Esta discorrerá ao mesmo nivel que a propia calzada. As actuacións permitirán crear un novo espazo para os contedores que antes se atopaban na vía, eliminándoos das zonas nas que supoñían un obstáculo para a correcta visibilidade e tránsito peonil. As tarefas incluirán o despexe e roza do tramo, así como a reposición de sinalización vertical existente.

Ademais de mellorar a seguridade viaria, esta iniciativa contempla unha renovación da rede de recollida de pluviais, coa instalación dun colector PVC baixo a senda, cos seus correspondentes sumidoiros e canais con reixa. Inclúese a reposición dunha traída de auga desde o punto quilométrico 0+100 ao 0+530. Tamén se levaran a cabo accións para canalizar a iluminación pública e telecomunicacións.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page