Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación levará a cabo un mantemento dos campos de fútbol de Lalín, Silleda, Cruces e Rodeiro

De momento actuará nestas instalacións en 29 municipios da provincia e os Concellos que o desexen aínda poden solicitar este acondicionamento


Laura Moure/Deza

O Plan de Mantemento de Campos de Fútbol da Deputación de Pontevedra iníciase un ano máis co fin de conservar nas mellores condicións os terreos de xogo da provincia. Ata o de agora o ente provincial xa recibiu solicitudes para 71 instalacións deportivas correspondentes a 29 concellos a fin de levar a cabo os traballos de acondicionamento.

Nos últimos días a Deputación xa actuou nos campos de herba sintética de Ribadelouro, no concello de Tui, e Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, e fará o propio con outros 48 terreos deste tipo e 21 de herba natural. A vindeira semana continuarán os traballos en tres instalacións de Vilagarcía, concretamente nos campos municipais de Berdón, María Paz Vilas e Manuel Jiménez Abalo.


Entre as actuacións máis demandadas atópanse a limpeza, descompactación, cepillado, reposición de caucho ou área e picado. Todos os concellos da provincia que o desexen poden solicitar este servicio provincial que, polo de agora, dará mantemento a instalacións dos 29 concellos que xa o demandaron: A Estrada, Arbo, Baiona, Barro, Cambados, Covelo, Gondomar, Lalín, Moaña, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.


A través desta iniciativa, a Deputación acondicionou o ano pasado un total 88 campos de fútbol, dos que 61 correspondían a instalacións de herba sintética e os 27 restantes a canchas de herba natural. Deste xeito, o plan de mantemento garante a recuperación das instalacións proporcionándolle aos concellos a maquinaria e a man de obra precisa para poder levar a cabo labores de conservación e estender así a súa vida útil.

26 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE