top of page

A Deputación leva mañá a Vila de Cruces o circuíto +Escénicas con “Cucú Tastás”, de Títeres Cachirulo

O espectáculo infantil poderá verse ás 12:00 horas no auditorio municipal Xosé Casal


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Deputación de Pontevedra leva este venres 29 de novembro o circuíto +Escénicas ao concello de Vila de Cruces o espectáculo de teatro infantil “Cucú Tastás”, de Títeres Cachirulo. A función comezará ás 12:00 horas no auditorio municipal Xosé Casal, e enmárcase no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025, cun orzamento de 150.000 euros.

“Cucú Tastás” é un espectáculo para bebés a partir dos 6 meses, malia que tamén poden asistir nenos e nenas ata os 5 anos. Coa idea de “co revés imos xogar”, a función abrangue conceptos sinxelos de opostos para potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa. A personaxe de Cucú Tastás é un trasno que quere facer as cousas ben e non confundir entre cheo e baleiro, arriba e abaixo, preto e lonxe ou pequeno e grande, e aprenderá a distinguilos grazas á súa familia e amigos neste espectáculo visual e musical de arredor de 45 minutos de duración.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible na web da Deputación.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page