top of page

A Deputación leva hoxe a Silleda o circuíto +Escénicas con “O autoestopista intergaláctico”, de Pistacatro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

A Deputación de Pontevedra leva este luns 23 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Silleda co espectáculo de teatro “O autoestopista intergaláctico”, de Pistacatro. A función comezará ás 17:00 horas no salón parroquial de Santa Eulalia e enmárcase no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025 cun orzamento de 150.000 euros.


Publicidade  

“O autoestopista intergaláctico” é un espectáculo de ciencia ficción absurdo onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos, para dar pé a escenas divertidas e absurdas. O espectáculo arranca cun burato espazo-temporal entre varias dimensións, do que aparecen personaxes singulares dotadas de poderes que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control dos obxectos malabares ou paralizan o público con monólogos que producen gargalladas coas que esmendrellarse.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page