top of page

A Deputación leva hoxe a Dozón o circuíto +Escénicas con “A Historia de Rata o Pirrata”, de Olivas Negras

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A peza teatral, para o público infantil, poderá verse a partir das 17:00 horas no CEIP Pío Cabanillas Gallas


Ecos da Comarca/Dozón

A Deputación de Pontevedra leva hoxe, mércores 20 de novembro, o circuíto +Escénicas ao concello de Dozón cunha peza de teatro infantil, A Historia de Rata o Pirrata, da compañía Olivas Negras. A función comezará ás 17:00 horas no CEIP Pío Cabanillas Gallas, e enmárcase no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025, cun orzamento de 150.000 euros.

“A Historia de Rata o Pirrata” é unha emocionante e divertida aventura de teatro infantil que segue os pasos de Nazario, un buscavidas coa mirada posta no tesouro, e Rata, un rapaz valente cun soño: ser un auténtico pirata dos mares. Os protagonistas embárcanse nunha misión para atopar o tesouro do temido pirata Bocachancla, pero descubrirán que o verdadeiro tesouro son a forza da amizade e a aventura compartida. O espectáculo combina humor, emoción e valores positivos, e é unha elección perfecta para unha xornada de diversión.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page