top of page

A Deputación leva hoxe a Agolada o circuíto +Escénicas con “Aldea musical de Nadal”, de Nelson Quinteiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Nesta localidade celébrase este domingo o III Mercado de Nadal


Ecos da Comarca/Agolada

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 22 de decembro o circuíto +Escénicas ao concello de Agolada co espectáculo de teatro “Aldea musical de Nadal”, de Nelson Quinteiro. A función comezará ás 17:30 horas nos Pendellos e enmárcase no novo circuíto da institución provincial que está a espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025 cun orzamento de 150.000 euros. Hoxe en Agolada celébrase o III Mercado de Nadal organizado polo Concello.


Publicidade  

“Aldea musical de Nadal” é unha actividade de teatro familiar e musical con percusión corporal, percusión con elementos pouco convencionais, axóuxeres, campás, campaniñas, campás afinadas e un feixe de instrumentos. Os habitantes da Aldea Musical de Nadal contarán como é a súa vida nun lugar máxico e sorprendente onde sempre é Nadal. O arranxo polifónico das voces, a instrumentación, a súa caracterización e mais o emprego dunha fórmula de creación do espectáculo baseada na musicoterapia educativa leva a escena unha montaxe entrañable e tenra para as datas de Nadal.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page