top of page

A Deputación leva este domingo a preto de 40 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

Ecos da Comarca/Deza

37 persoas de 12 concellos da provincia de Pontevedra desfrutarán a próxima semana do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Hotel Carlos I Silgar, situado no concello de Sanxenxo. En concreto, trátanse de veciños dos concellos de Barro, Caldas de Reis, A Guarda, Mos, Nigrán, Pontevedra, Portas, Redondela, O Rosal, Tomiño, Tui e Vigo, que poderán gozar destas estancias a partir do domingo 23 de febreiro.

foto

No marco do programa de termalismo +Benestar, preto de 2.200 persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia pasarán seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e, ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O organismo provincial subvenciona as prazas de réxime xeral con 100 €, mentres que as de réxime especial están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete de +Benestar comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e tamén o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page