top of page

A Deputación leva este domingo a Dozón unha actuación de Blues do País e o Sindicato da Verbena

O grupo actuará na Pena de Francia ás 19:30 horas no marco de +Música, o programa provincial dotado con 700.000 €, 100.000€ máis que o pasado ano


Ecos da Comarca/Dozón

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 7 de setembro a Dozón un concerto de Blues do País e o Sindicato da Verbena enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Pena de Francia a partir das 19:30 horas.

Blues do País e o Sindicato da Verbena versionan clásicos do Blues, Soul ou

Rhythm’n’Blue e adáptanos á idiosincrasia e retranca galegas: Otis Redding no peirao da Coruña, Etta James mariscando en Cabo de Cruz, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao. Trátase de música de calidade, en galego, mesturada con teatro, clown e improvisación. Desde o seu nacemento a formación en 2014 ten xirado por diferentes puntos da xeografía galega e no escenario de Dozón volverán coa súa habitual enerxía e entrega.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O concerto de Blues do País e o Sindicato da Verbena é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page