Perruquería Marisa.gif

A Deputación inxecta máis de 2 millóns de euros a un plan de sostibilidade turística a Deza-Tabeirós

Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra destinará preto de 200.000 euros á campaña de promoción do destino turístico da provincia en 2022. A presidenta Carmela Silva anunciou este venres que a campaña, que se desenvolverá en medios online, offline e redes sociais, centrarase especialmente no ámbito estatal pero tamén no internacional. No estatal "fixaremos o noso posicionamento nos mercados prioritarios de Madrid, Cataluña, Andalucía e noroeste peninsular xa que os datos de big data indícannos que é onde temos maior capacidade para atraer visitantes".En concreto, en Deza-Tabeirós desenvolverá un plan de sostibilidade turística.


A Deputación "fixo un enorme esforzo por ter proxectos que poder presentar aos fondos Next Generation en canto se abrisen as ordes, e moi especialmente no sector turístico que é moi relevante para a nosa economía". En consecuencia diso, acadamos 3,5 millóns de euros para desenvolver dous plans de sostibilidade turística: Deza-Tabeirós e O Condado-A Paradanta, elaborados tras consultar os concellos, asociacións e empresas de cada zona.

Carmela Silva.

Carmela Silva lembrou que "desde que chegamos á Deputación estamos dicindo que temos grandes destinos de costa pero que cómpre ampliar a oferta e centrarnos no ámbito rural. Facemos o que dicimos e por iso escollemos estas comarcas eminentemente rurais". Polo tanto, asegurou, "redobramos de verdade a nosa aposta polo turismo de interior e, de feito, somos o único destino que presentou plans centrados exclusivamente na identidade rural. Os de costa xa presentaron os seus plans, sería inxusto seguir redundando no mesmo territorio".


O Plan de Sostibilidade Turística de Deza-Tabeirós, "moi ambicioso e que toca todos os eixos do presente e do futuro", supón unha inxección superior aos 2 millóns de euros. Está baseado nunha estratexia cun triplo carácter transformador: dixital, económica e social e sostible. Executaranse 14 actuacións entre os anos 2022 e 2024 organizadas en catro eixos programáticos. No de transición verde contémplanse tres actuacións: "Ecoruta Galicia por dentro", áreas de descanso para peregrinos e peregrinas e a posta en valor do recurso ecosistémico da Rapa das Bestas. No eixo de eficiencia enerxética, realizaranse intervencións de mellora peonil da Vía da Prata, instalaranse puntos de recarga de vehículos eléctricos e tamén se desenvolverá o proxecto "Peribici" de mobilidade sostible nos Camiños. No eixo de transición dixital, o Plan de Sostibilidade Turística abarca a sinalización turística intelixente e Smartguide dos recursos vinculados aos Camiños, o proxecto "Museografía dixital dos mosteiros de Carboeiro e Aciveiro e experiencia dixital Rapa das Bestas", "Comunicación dixital nos camiños da Geira e dos Arrieiros e Miñoto Ribeiro", un plan de márketing dixital, central de reservas e promoción do destino e, por último, formación sectorial. No cuarto eixo, competitividade, actuarase na singularización dos Camiños e impulso ao seu recoñecemento oficial, crearase unha mesa de sostibilidade turística e un Pacto Local, e apoiaranse o ente xestor a través de coordinación, avaliación e seguimento.

26 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif