top of page

A Deputación instalará 15 estacións de reparación de bicicletas en Deza e Tabeirós-Terra de Montes

O proxecto A Peribici: Mobilidade sustentable nos Camiños Deza – Tabeirós Terra de Montes ten un orzamento de 150.000 euros


Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra dotará ás comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes de 15 estacións de reparación de bicicletas como parte do proxecto “A Peribici: Mobilidade sustentable nos Camiños Deza – Tabeirós Terra de Montes”, que conta cun orzamento de 150.000 euros. O obxectivo, como explicou o presidente provincial, Luis López, é “garantir a comodidade e seguridade das persoas ciclistas, facilitando así o desprazamento en bicicleta entre os itinerarios xacobeos e as áreas de interese turístico”.

Este proxecto, que se enmarca dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes. Os camiños por dentro, financiado con algo máis de 2 millóns de euros dos fondos NextGeneration, inclúe a instalación de 15 estacións repartidas polas dúas comarcas, en puntos que se definirán unha vez o proxecto estea adxudicado, e que serán de dous tipos.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Por unha banda, haberá 8 instalacións de tipo “estándar”, que incluirán servizos esenciais de reparación de bicicletas, puntos de lavado manual, sistema manual de inchado de pneumáticos e punto de reparación con soporte para bicicleta.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Ademais, instalaranse sete estacións avanzadas, que incluirán tamén servizos esenciais de reparación de bicicletas, mais neste caso punto de lavado automático con auga a presión, sistema de inchado automático de pneumáticos con control de presión e punto de reparación con soporte de bicicleta. Ademais, todas as instalacións contarán con mobiliario complementario como papeleiras, bancos e paneis informativos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page