top of page

A Deputación inicia os traballos de aglomerado na LU-P-0301, que dá acceso ao Parque Central de Galicia

Está a actuar no treito que vai desde a capitalidade de Antas de Ulla ata Nugallás, entre o punto quilométrico 0,3 ao 3,6, ata mediados da próxima semana


Laura Moure/Antas de Ulla

A Deputación de Lugo vén de iniciar esta semana os traballos de aglomerado en quente no firme da estrada LU-P-0301, un proxecto que conta cun investimento de máis de medio millón de euros. En concreto, a institución provincial está a actuar no tramo que vai do punto quilométrico 0,3 ao 3,6 e que conecta a capitalidade de Antas de Ulla co futuro Parque Central de Galicia, no lugar de Nugallás. Esta actuación dá continuidade ás obras que xa se executaron neste treito: o movemento de terras, a drenaxe mediante a colocación de tubaxes adecuadas e a limpeza de cunetas. 

Se as condicións meteorolóxicas o permiten estes traballos estarán rematados a mediados da próxima semana e posteriormente colocarase a sinalización mediante marcas reflexivas brancas. Tamén se renovarán os sinais verticais que non se atopen en bo estado de conservación. 


O obxectivo deste proxecto é preparar a vía para soportar o alto volume de tráfico que se espera unha vez o Parque Central de Galicia estea en funcionamento. Ademais, tamén garantirá o acceso seguro e cómodo en ambas direccións tanto para os veciños e veciñas, pois é a vía que comunica coa provincia de Pontevedra por Rodeiro, como para os visitantes. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A maiores destas obras, a institución provincial iniciará este venres os traballos de saneamento e limpeza de cunetas no camiño perimetral do Parque Central de Galicia. Este proxecto conta cun investimento de case 145.000 euros e os traballos tamén inclúen o estendido de aglomerado en quente e a sinalización mediante o pintado de marcas reflexivas brancas. 



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page