top of page

A Deputación inicia o estendido do aglomerado no tramo urbano da vía LU-P-2901 en Palas de Rei

Laura Moure/Palas de Rei

A Deputación de Lugo vén de iniciar o estendido do aglomerado en quente no tramo urbano da estrada provincial LU-P-2901 ao seu paso polo municipio de Palas de Rei. O traballos, para os que a institución provincial inviste preto de 90.000€, afectan a un treito de 816 metros que vai desde o cruce coa N-547 ata o  final da rúa Agro do Rolo -do punto quilométrico 35,180 ao 35,996-. Unha vez concluídas as tarefas de repavimentación procederase ao repintado da vía e reporase a sinalización vertical necesaria.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

 Este proxecto enmárcase dentro dun acordo de colaboración asinado pola Deputación de Lugo e o Concello de Palas de Rei, que contempla tanto o acondicionamento deste tramo da estrada como a súa posterior cesión ao municipio unha vez rematadas as obras. Os traballos, que está a executar a empresa Francisco Gómez y Cía, S.L., contan cun prazo de execución de tres meses.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Esta actuación permitirá mellorar a mobilidade e a seguridade dos veciños e veciñas do municipio. Así mesmo, trátase dunha vía especialmente importante porque a LU-P-2901 conecta Palas de Rei con Lugo e soporta un elevado volume de tráfico tanto rodado como peonil.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Ademais, neste tramo tamén se concentran numerosos establecementos comerciais ou locais de hostalería, polo que a súa mellora favorecerá tamén a dinamización social e económica da vila.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page