top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación inicia en Cruces as obras de mellora da mobilidade peonil na entrada á area da Carixa

Actuarase nun tramo de 100 metros da EP 6410 entre Bodaño e Merza dando así resposta ás demandas de seguridade viaria da veciñanza e persoas usuarias


Laura Moure/Vila de Cruces

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-6410 entre Bodaño e Merza ao seu paso pola área recreativa da Carixa en Vila de Cruces. A actuación, na que se investirán preto de cen mil euros, céntrase nun tramo de cen metros da estrada provincial, dando así resposta ás demandas de seguridade viaria da veciñanza e persoas usuarias da área recreativa, un espazo natural, recreativo e de lecer no que se dan cita numerosas persoas no verán.


Coas obras que vén de iniciar a Deputación de Pontevedra neste tramo da EP-6410 vanse solucionar os problemas de seguridade viaria que ata o momento padecían as persoas usuarias da área recreativa da Carixa, que accedían a través dun espazo estreito, non habilitado para peóns e peoas e con numerosas barreiras arquitectónicas. Deste xeito, corrixirase a problemática a través da reforma dun tramo que vai permitir gañar o ancho necesario nunha das beiras da ponte sobre o río Orza e construír unha senda peonil, continua e segura, acabada en formigón coloreado que rematará na propia praia fluvial.


A estrada EP-6410 Bodaño-Merza comunica os núcleos de A Moa, Reboreda, O Outeiro e a área recreativa da Carixa, onde hai unha zona de autocaravanas, parque infantil e unha praia fluvial moi popular. A estrada ten unha intensidade media diaria de 500 vehículos diarios, que se intensifica nesta zona ao chegar o verán, e unha lonxitude total de 6,8 quilómetros.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page