Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación inicia as obras de conservación de firmes nas estradas provinciais de Deza

Laura Moure/Deza

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de conservación de firmes nas estradas da Zona C da provincia, que corresponde á rede viaria provincial ao seu paso polos concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes e ás que a institución destina un orzamento total de preto dun millón de euros. Os traballos están enmarcados no modelo de mobilidade e seguridade viaria da Deputación.


Máis polo miúdo, as obras comezaron hoxe na EP 7203 Soutelo-Covas, en Forcarei, onde se procederá entre esta xornada e a de mañá martes a asfaltar a calzada nas zonas de Sanguiñeda e Fixó. Para o mércores e o xoves desta mesma semana está previsto actuar na EP 7201 Cachafeiro-Silleda.


A Zona C comprende case 93 quilómetros de lonxitude das estradas provinciais que pasan por Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Cuntis. En concreto inclúense nesta zona as mencionadas estradas provinciais EP 7203 Soutelo-Covas e EP 7201 Cachafeiro-Silleda, así como a EP 6203 Negrelos-Pedroso, EP 6306 Agolada-Cruces, EP 6408 Merza-Bascuas, EP 6504 Negreiros-Carboeiro, EP 6506 Breixa-Manduas, EP 7006 Sol-Pardemarin e a EP 7017 Callobre-Ponte Ledesma.

72 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE