top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación impulsa un encontro entre a Banda de Música de Antas e a Unión Musical Massamagrell

O colectivo valenciano foi recibido polo Deputado Miguel Fernández no Pazo de San Marcos dentro da programación que leva a cabo con motivo desta reunión cultural que permite a súa participación no Certame de Bandas do concello ulloán


Laura Moure/Antas de Ulla

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, recibiu este luns no Pazo de San Marcos aos músicos da Unió Musical Massamagrell, de Valencia. O colectivo valenciano está visitando a provincia de Lugo con motivo do intercambio cultural que realiza coa Banda de Música de Antas de Ulla, un encontro co que colabora a Deputación de Lugo.

Fernández deu a benvida ao preto do centenar de participantes desta iniciativa que conta cunha achega da institución provincial de 9.000 euros. A banda ulloán recibiu esta axuda económica para poder realizar un intercambio que permita “a posta en valor da cultura e a música como elemento diferenciazor e dinamizador da historia e o patrimonio lucense”, explicou.


Fernández desexou aos músicos unha boa estadía na provincia de Lugo e pediulles regresar para “coñecer mellor o patrimonio natural e cultural dos 67 concellos da provincia”. A visita dos valencianos débese á súa participación no Certame de Bandas de Antas de Ulla, que se celebra na Praza Nova da vila á noitiña e que permitirá escoitar ao grupo local, aos valencianos pero tamén á Banda de Música de Vilalba.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Rematou felicitando á alcaldesa de Antas de Ulla e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, por apoiar estas iniciativas e axudar a revivir a música dunha banda centenaria. A Deputación colaborou intensamente nos últimos anos co colectivo ulloán que vén de celebrar o seu 125 aniversario con exposicións, concertos especiais e unha publicación.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page