top of page

A Deputación financia a contratación de persoal técnico de igualdade no Concello de Arzúa

Laura Moure/Arzúa

A Deputación da Coruña financia con 97.166,67 euros a contratación de técnicas e técnicos de igualdade de xénero e axentes de igualdade de xénero nos concellos de Brión, Val do Dubra, A Laracha, Pobra do Caramiñal, As Pontes, Arzúa e Betanzos.

Esta liña de subvencións permite ás administracións locais financiar os salarios e os gastos de seguridade social das persoas traballadoras durante un tempo determinado.


Publicidade

As funcións do persoal contratado serán aquelas que determine a entidade local no marco das políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero como por exemplo: detección de necesidades en materia de igualdade, información e asesoramento, realización de proxectos de dinamización de políticas de igualdade ou desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado, entre outras.


Publicidade

A resolución definitiva da convocatoria pode consultarse en:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/08/31/2023_0000006965.pdf



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page