top of page
Perruquería Marisa.gif

A Deputación financia a compra dun lote de equipos de comunicación a Protección Civil de Boimorto

Ecos da Comarca/Boimorto

A Deputación da Coruña financia a compra de scooters, bicicletas e equipos de comunicación a 20 bases de Protección Civil da provincia, entre elas a do municipio de Boimorto. A liña de axudas contou cun orzamento de 93.034 euros ás agrupacións e asociacións de concellos con menos de 50.000 habitantes.


O Boletín Oficial da Provincia (BOP) deste martes (https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/12/14/2021_0000008614.html) recolle a adxudicación deste material. Os grupos de Protección Civil de Ames, Betanzos, Negreira, Vimianzo, Boiro, Val do Dubra, A Laracha, Carnota, Muxía e Curtis adquiriron scooters a través dunha liña de financiamento á que o ente provincial dedicou 49.513 euros.


No caso de Ribeira e Dumbría, o equipamento mercado foron bicicletas, para o que se destinaron 3.630 euros. O lote de equipos de comunicación, cunha cuantía de 4.986 euros, tivo como beneficiarias as asociacións e agrupacións de Carballo, Bergondo, Muros, Boimorto, A Pobra, Mazaricos, Ares e Abegondo.


O deputado de Promoción Económica, Blas García, resaltou que con estas axudas económicas "se atenden as demandas de material e novo equipamento realizadas desde as diferentes agrupacións, que fan un traballo excepcional na provincia". García destacou que durante o ano de pandemia "realizaron unha labor impecable".



15 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page