top of page

A Deputación financia a compra de vehículos para o SAF de Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso e Toques

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Xa 20 os concellos coruñeses que contan cun vehículo da Deputación para os desprazamentos das traballadoras do SAF


Laura Moure/Xeral

A Deputación da Coruña financia con 100.000 euros a compra de cinco vehículos destinados a facilitar os desprazamentos diarios das traballadoras e traballadores dos Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e os servizos sociais nos concellos de Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso e Toques. A concesión provisional destas axudas publicou onte, día 17, no Boletín Oficial da Provincia.


Estes son os concellos que obtiveron maior puntuación en función das bases da convocatoria e súmanse a outros quince que xa obtiveron as axudas para a compra vehículos en anos anteriores. En total, 20 municipios coruñeses contan cun vehículo da Deputación para os desprazamentos das traballadoras do SAF.

Esta liña de axudas foi creada tras a rolda de reunións que o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, realizaron con traballadoras dos servizos de axuda no fogar nas distintas comarcas da provincia. Unha das demandas destas traballadoras era poder dispor de vehículos municipais para os seus desprazamentos, xa que se ven obrigadas a usar os seus coches particulares nun traballo que esixe un elevado número de desprazamentos diarios para atender ás persoas maiores nos seus domicilios. Un problema que ten especial incidencia nos concellos rurais, onde hai maior dispersión da poboación.


"Con estes, son xa vinte os concellos da provincia que dispoñen dun vehículo para os desprazamentos das traballadoras de axuda a domicilio, que desenvolven un traballo fundamental nos concellos da provincia e merecen este apoio. A nosa idea é seguir ampliando este número en cada convocatoria para axudar a resolver o problema que nos trasladaron as propias coidadoras en distintas reunións", explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os concellos da provincia que dispoñen dun vehículo para desprazamentos do SAF financiado pola Deputación da Coruña son As Pontes, As Somozas, Aranga, Carnota, Irixoa, Mañón, Ortigueira, Outes, Tordoia, Oza-Cesuras, Cabanas, A Baña, Mesía, Dodro, Coirós, Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso e Toques.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page