top of page

A Deputación entrega ao Concello de Toques un vehículo para reforzar os servizos sociais municipais

O novo coche facilitará os desprazamentos do persoal e mellorará a atención ás persoas usuarias


Laura Moure/Toques

A Deputación da Coruña entregou este venres ao Concello de Toques un novo vehículo destinado a reforzar os servizos sociais do municipio, co obxectivo de facilitar os desprazamentos do persoal e mellorar a atención á veciñanza. No acto de entrega participaron a deputada de Política Social, Mar García Vidal, o alcalde de Toques, José Ángel Penas, e a traballadora social do municipio, que puideron comprobar de primeira man as prestacións do novo vehículo.

Mar García destacou a importancia de dotar aos concellos de medios axeitados para prestar uns servizos sociais de calidade, especialmente no ámbito rural, onde a dispersión da poboación fai necesario realizar numerosos desprazamentos. "Este tipo de recursos permiten chegar a máis persoas e facelo en mellores condicións, garantindo unha atención máis próxima e eficaz", sinalou.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O novo vehículo contribuirá a facilitar o traballo diario do persoal dos servizos sociais municipais, composto por unha auxiliar de axuda no fogar, unha educadora familiar e unha traballadora social, mellorando a mobilidade e permitindo optimizar o tempo dedicado á atención directa ás persoas usuarias.


A entrega enmárcase na liña de apoio da Deputación da Coruña aos concellos para a mellora dos servizos sociais de proximidade, a través da cal xa se financiaron vehículos destinados a este fin en numerosos municipios da provincia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Na actualidade, dispoñen de vehículos financiados pola Deputación para os desprazamentos dos servizos sociais os concellos das Pontes, As Somozas, Aranga, Camariñas, Cariño, Carnota, Fisterra, Irixoa, Mañón, Muros, Ortigueira, Outes, Tordoia, Oza-Cesuras, Cabanas, A Baña, Mesía, Dodro, Coirós, Boimorto, Paderne, Dumbría, Santiso, Sobrado e Toques.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page