top of page

A Deputación e Fademur conmemoran este sábado en Sobrado o Día Internacional das Mulleres Rurais

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Máis de 400 mulleres dos concellos rurais da provincia participarán no acto, que ás portas do 25N terá como temática central a problemática da violencia de xénero no rural


Laura Moure/Sobrado

A Deputación da Coruña e Fademur Galicia reunirán este sábado, 23 de novembro, a partir das 11:00 horas, en Sobrado dos Monxes a máis de 400 mulleres dos concellos rurais da provincia para celebrar o Día Internacional da Muller Rural, nunha xornada que, ás portas do 25N terá como tema central a problemática específica na violencia de xénero no eido rural. O acto celebrarase no Mosteiro de Sobrado e será inaugurado polo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Sobrado, Lisardo Santos, a presidenta de Fademur Galicia, Verónica Marcos, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García e o prior do Mosteiro de Sobrado, Carlos Gutierrez.

A xornada terá como tema central "As mulleres do rural fronte á violencia de xénero", unha temática que se abordará nunha mesa redonda na que participarán Carlos Ferrás Sexto, catedrático de Xeografía Humana da USC, Ana Cobo, psicóloga especialista en educación familiar e responsable do CIM de Ferrol, Paz Fligueira, maxistrada, e Yolanda García, profesora de Traballo Social da Uvigo e especialista en violencia de xénero. A mesa estará moderada por Rosa Arcos Caamaño.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Recoñecementos a mulleres do mundo rural

Como cada ano, durante o acto realizarase tamén un recoñecemento a mulleres, entidades e empresas do mundo rural que destacan polo seu compromiso coa igualdade no mundo rural e a súa aposta pola cultura, a innovación ou a posta en valor dos produtos autóctonos.


A xornada será clausurada pola presidenta de Fademur España, Teresa López, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais "A Maristela" de Sobrado, María Ángeles Sánchez Arias.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page