top of page

A Deputación e ASEFOGA impulsan o cultivo de froitos do bosque ofrecendo asesoramento no rural

Contempla a posta en marcha dunha rede de nove oficinas físicas de asesoramento en Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monterroso, Viveiro, Sarria e Vilalba


Laura Moure/Monterroso

O presidente da Deputación da Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente da Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), Jacobo Feijóo Lamas, a través do cal a Deputación achega 40.000 € á entidade para dar continuidade a unha colaboración conxunta co obxectivo de seguir impulsando o cultivo sostible de froitos do bosque como unha oportunidade económica para o rural da provincia lucense. José Tomé Roca subliñou a importancia de apostar por “propostas con retorno social e económico para o rural, que xeren oportunidades e que conecten a xestión responsable do territorio cun modelo produtivo sostible e con futuro”.

O acordo contempla a posta en marcha dunha rede de nove oficinas físicas de asesoramento, que estarán operativas nos Concellos de Becerreá, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monterroso, Viveiro, Sarria e Vilalba. Nestes puntos ofrecerase atención personalizada por parte de persoal técnico especializado, así como material divulgativo gratuíto. Ademais, prestaranse servizos a distancia a través de medios dixitais e redes sociais.


A maiores, grazas a esta achega da institución provincial, realizarase un seguimento continuo da parcela piloto de froitos do bosque establecida na provincia para a súa xestión práctica. Realizaranse todos os labores de mantemento precisa o para unha boa xestión da mesma: podas, reposición de exemplares secos ou colleita dos froitos.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un enfoque integral, con futuro para o rural

Os froitos do bosque, como moras, framboesas ou arandos, destacan pola súa rusticidade —adaptables a temperaturas e solos adversos—, pola alta demanda no mercado e pola viabilidade nas pequenas parcelas tan comúns en Lugo. Esta iniciativa sitúase no eixe da innovación rural, combinando tradición, modernidade e potencial económico real.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con este proxecto, a Deputación avanza na súa visión dun rural vivo, sostible e atractivo para residentes novos e antigos, apoiando actividades que non só producen riqueza senón tamén encher poboación e mantemento do patrimonio natural.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page