top of page

A Deputación destinará uns 110.000 euros para a substitución da cuberta do ambulatorio da Bandeira

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou onte o concello, onde anunciou que a actuación estará financiada ao 100% con recursos do Plan +Provincia



Laura Moure/Silleda

A deputada provincial Belén Cachafeiro acaba de realizar unha visita a Silleda, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras para a substitución da cuberta do centro de saúde da Bandeira. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de preto de 110.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes do Plan +Provincia. Nesta anualidade, este programa provincial destina á vila un total de 898.537 € e, no caso da liña 1 de investimentos, preto de 628.976 €.

A deputada deu conta dos traballos que Silleda levará a cabo con estes fondos provinciais, que permitirán a substitución da cuberta do Centro de Saúde da Bandeira para mellorar a eficiencia enerxética da súa envolvente. A actuación afecta unicamente a esta, xa que a estrutura portante se atopa en bo estado, e contempla a demolición da cuberta existente de tella e placas de fibrocemento, substituíndoa por un sistema de cobertura con panel sándwich illante de aceiro e 40 mm de espesor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, prestarase especial atención aos encontros do novo material coas fachadas e os petos de cuberta, modificándose o caleiro da fachada sur por un novo e oculto na fachada norte, perfectamente impermeabilizado para evitar filtracións de auga ao interior da edificación.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Belén Cachafeiro destacou que o Plan +Provincia é “a mellor representación da filosofía do noso goberno, baseada no respecto máis absoluto á autonomía municipal. Os concellos deciden libremente a que queren dedicar os recursos que poñemos á súa disposición”. A deputada provincial lembrou que con este programa “a Deputación busca modernizar as nosas vilas con actuacións transformadoras como a que se vai a realizar en Silleda, que melloran a calidade de vida da súa veciñanza e logran un avance da provincia sen precedentes”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page