top of page

A Deputación destinará preto de 184.000 euros á mellora de varios camiños de Vila de Cruces

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou onte este municipio o Concello para anunciar estas achegas


Laura Moure/Vila de Cruces

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou este xoves xunto co alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, e outos membros da Corporación municipal, o concello dezá onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente as obras de mellora da capa de rodaxe de ata sete camiños municipais en Gres, Camanzo, Merza, Sabrexo, Obra, Cumeiro e Larazo. Farao a través dun investimento de 184.000 euros procedentes da liña 1 do Plan +Provincia que serán aprobados este mesmo venres na Xunta de Goberno do organismo provincial.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A deputada provincial deu conta dos traballos que se realizarán con estes recursos, que permitirán ao Concello de Vila de Cruces mellorar a capa de rodaxe de camiños que se atopan en mal estado de conservación como o camiño en Cirela (Gres), en Guieral (Camanzo), en Moa (Merza), en Obra, na Lama (Sabrexo), en Cumeiro e en Larazo. En Cirela (Gres), Guieral (Camanzo), Moa (Merza), Cumeiro e Larazo, tal e como explicou Cachafeiro, vanse limpar as cunetas e a plataforma, bachear e construír un firme de mestura bituminosa en quente e pavimentar os sobreanchos e os entronques. En Obra, ademais dos traballos anteriores, tamén se vai fresar o pavimento nas zonas de inicio e fin da actuación e na Lama (Sabrexo) vaise limpar as cunetas, construír bases de saburra para regularizar o camiño, executar a base do firme e aplicar un tratamento de tripla rega asfáltica. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Cachafeiro recordou que neste 2025 Vila de Cruces recibirá un total de 770.000 € a través do Plan +Provincia. Neste eido enxalzou este programa que representa “á perfección a nosa forma de traballar, escoitando, atendendo e dando resposta ás demandas dos concellos para transformalos e, así, conseguir que esta provincia avance como nunca antes fixera”. A deputada asegurou que “plans como este permiten que concellos como Vila de Cruces poidan afrontar investimentos e impulsar actuacións transformadoras, que modernizan o territorio e melloran a calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page