top of page

A Deputación destinará 192.000 euros a Silleda para financiar integramente a reforma da Praza da Igrexa

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou onte o concello, onde anunciou que a actuación estará financiada ao 100% con recursos do Plan +Provincia


Laura Moure/Silleda

A deputada provincial Belén Cachafeiro acaba de realizar unha visita a Silleda, onde anunciou que a Deputación se encargará de financiar integramente a reforma da Praza da Igrexa. A Xunta de Goberno aprobará este venres unha achega de preto de 192.000 euros para impulsar esta actuación con recursos procedentes do Plan +Provincia. Nesta anualidade, este programa provincial destina á vila un total de 898.537 € e, no caso da liña 1 de investimentos, preto de 628.976 €.

A deputada deu conta dos traballos que Silleda levará a cabo con estes fondos provinciais que permitirán transformar a Praza da Igrexa. Trátase dunha completa actuación na que se nivelará o terreo, se procederá á substitución do pavimento e mobiliario deteriorado por outros que garantan a accesibilidade e seguridade das persoas usuarias e se instalarán novos xogos infantís con elementos para a cativada con mobilidade reducida. A actuación complétase coa mellora da recollida e evacuación das augas pluviais e  coa incorporación de zonas axardinadas, papeleiras e luminarias.


Belén Cachafeiro subliñou que o Plan +Provincia é “o mellor exemplo de que a Deputación sempre está do lado dos concellos, escoitando as súas demandas e facendo fronte os seus proxectos para transformar a calidade de vida dos nosos veciños”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tamén recordou a deputada provincial que con este programa “estamos a impulsar actuacións tan importantes como a que hoxe anunciamos en Silleda, que non só modernizan as nosas vilas e pobos e melloran a calidade de vida da súa veciñanza, senón que promoven o avance do conxunto da nosa provincia”.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page