top of page

A Deputación destina preto de 240.000€ a mellorar a capa de rodaxe de varios camiños en Cruces

Belén Cachafeiro visitou o concello e anunciou que se aprobará unha achega do Plan +Provincia para actuar en nos Camanceiros, Pinlle, Guieral, entre outros


Laura Moure/Vila de Cruces

A deputada provincial Belén Cachafeiro visitou este mércores Vila de Cruces, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra vai financiar ao 100% as obras de mellora da capa da rodaxe de camiños nos Camanceiros, Pinlle, Guieral e outros.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobará este venres unha achega de preto de 240.000 euros para sufragar esta actuación enmarcada no Plan +Provincia 2026-2027, que destinará a Vila de Cruces máis de 1,3 millóns de euros sumando as catro liñas de 2026 e a liña 1 de investimentos de 2027, á que este ano se pode acceder anticipadamente.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O proxecto céntrase na mellora do firme e da capa de rodaxe en varios camiños en mal estado de conservación a través de tarefas de limpeza, reparación de fochancas, pavimentación de entronques e sobreanchos, e a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Estas actuacións abranguen un total de nove viarios repartidos polas parroquias de Toiriz (no lugar de Barrio), Camanzo (nos Camanceiros), Brandariz (en Pinlle), a zona mixta de Camanzo e Brandariz (camiño en Guieral-Pinlle), Piloño (camiños en Combarro e Cerdeiriñas) e Carbia (camiños nos lugares do Abollo, A Pena e Cobas), adaptándose en cada tramo ás necesidades específicas de limpeza de cunetas, ramais secundarios ou áreas sociais.

PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Belén Cachafeiro puxo en valor que cos recursos provinciais “estamos dando resposta ás demandas dos concellos, que poden facer realidade proxectos que melloran a calidade de vida da súa veciñanza”. Neste sentido, a deputada sinalou que a través de plans como o +Provincia, a Deputación “está a impulsar actuacións tan relevantes como estas que hoxe anunciamos en Vila de Cruces, que buscan mellorar a vida dos e das veciñas”.


O rexedor, Luís Taboada, agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra por facer posible este investimento, subliñando a importancia do Plan +Provincia para que os

concellos poidan continuar mellorando as súas infraestruturas e ofrecer uns servizos

de maior calidade á veciñanza.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page