top of page

A Deputación destina máis de 35.000 euros para a sinalización de vías en Silleda e A Bandeira

Laura Moure/Silleda

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 35.000 euros ao Concello de Silleda para financiar a sinalización horizontal de vías nos núcleos de Silleda e A Bandeira. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que destina ao concello 1,6 millóns de euros ao sumar os preto dun millón de euros do 2026 e o adianto de 646.000 euros da liña de investimentos do 2027.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

Con estes recursos está previsto realizar traballos de renovación, mantemento e mellora da sinalización horizontal de varías vías, rúas e espazos públicos abertos ao tráfico rodado nos núcleos de Silleda e da Bandeira. Deste xeito, os fondos da Deputación de Pontevedra contribúen a garantir a seguridade viaria en rúas e espazos públicos de titularidade municipal.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Plan +Provincia está dotado este ano con 85 millóns de euros, constituíndo o plan de obras e servizos provincial de maior dotación orzamentaria da historia da Deputación de Pontevedra.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para ler o manifesto.
Preme na imaxe para ler o manifesto.

Con estes recursos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes están a poder impulsar actuacións e iniciativas, como a que acaba de ser aprobada para Silleda, que modernizan infraestruturas e equipamentos municipais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page