top of page

A Deputación destina axudas a Protección Civil de Agolada, Lalín e Dozón

López subliña que se tratan de axudas postas en marcha “por vez primeira na Deputación co obxectivo de recoñecer e apoiar o excelente servizo e a vontade altruísta dos que, moitas veces, son os primeiros en chegar a unha incidencia”


Ecos da Comarca/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de recursos por valor de 100.000 € para 22 agrupacións de protección civil dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. O presidente provincial, Luis López, subliñou que se tratan “dunhas axudas pioneiras, que puxemos en marcha por vez primeira na Deputación co obxectivo de recoñecer e apoiar o excelente servizo e a vontade altruísta dos que, moitas veces, son os primeiros en chegar a unha incidencia”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Benefícianse desta liña de axudas agrupacións de Protección Civil dos concellos de Agolada, Caldas de Reis, Cambados, Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Lalín, Meis, Mondariz, Moraña, Poio, Portas, O Porriño, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Tomiño, Tui, Valga, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, con recursos que oscilan entre os máis de 2.000 e os 5.000 € por entidade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

“Unha liña de axudas para modernizar a Protección Civil da provincia e para que continúen sendo agrupacións punteiras e de referencia no noso territorio”, subliñou Luis López quen detallou que cos recursos provinciais estas entidades poderán adquirir equipamento e material para emerxencias, unidades de flotación e equipos de protección individual, maquinaria de extinción de lumes, material sanitario e de emerxencias, medios de telecomunicacións e informáticos, ferramentas ou, entre outras moitas cuestións, uniformes.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page