As contratacións serán como máximo de tres meses
Laura Moure
Esta semana o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a concesión provisional das subvencións para os servizos de socorrismo en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 305.999 euros. En concreto, destina 48.405 euros a sete concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide.
A través desta liña de axudas, 42 concellos do interior da provincia custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais coma o Aquapark de Cerceda ou o lago das Pontes. As achegas da Deputación van desde os 4.595 aos 9.984 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. As contratacións estenderanse por máximo de tres meses.
O deputado de Promoción Económica, Blas García, explicou que o programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais da provincia da Coruña. "Ademais este ano, os e as socorristas desenvolverán un importante papel para garantir que se cumpran as medidas hixiénicas e de seguridade nas instalacións acuáticas dos concellos de interior", apuntou Rioboo.
As achegas por concellos son:
Boimorto: 6.728 euros.
Melide: 7.382 euros.
Santiso: 6.728 euros.
Sobrado dos Monxes: 6.728 euros.
Toques: 6.728 euros.
Touro: 6.822 euros.
O Pino: 7.289 euros.
A Área Recreativa de A Santaia, Touro.
Autor: Ecos da Comarca.
Comments