top of page

A Deputación de Pontevedra organiza novas saídas do programa de termalismo +Benestar para 140 persoas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Veciños e veciñas de 28 concellos, entre eles Vila de Cruces, gozarán de estancias no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz a partir de hoxe

Laura Moure/Xeral

Preto de 140 persoas de 28 concellos da provincia participarán a partir deste domingo 19 de xaneiro en novas saídas organizadas pola Deputación de Pontevedra no marco de +Benestar,o programa provincial de termalismo. Farano a través de estadías no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, dous dos sete que participan no programa.

En concreto, no Gran Talaso Hotel Sanxenxo participarán a partir deste domingo 41 persoas procedentes dos concellos de Bueu, Caldas de Reis, Cangas do Morrazo, Pontevedra, O Porriño, Portas, Redondela e Vigo, mentres que ao Balneario de Mondariz asistirán un total de 97 persoas de Cambados, Cangas do Morrazo, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, A Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.


No marco do programa de termalismo +Benestar, preto de 2.200 persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia desfrutarán de estancias de seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de situados nos concellos do Grove, Lalín, Mondariz-Balneario e Sanxenxo. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros. Ao mesmo tempo, tamén busca dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O organismo provincial subvenciona un total de 2.097 das prazas de réxime xeral con 100€, e outras 30 de réxime especial están subvencionadas con 400 €, mentres que os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Pontevedra ou Vigo.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page