top of page

A Deputación de Pontevedra leva este sábado a Rodeiro unha actuación de Odaiko

Ecos da Comarca/Rodeiro

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 3 de setembro a Rodeiro un concerto de Odaiko enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar no Parque do Lago a partir das 19:30 horas.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

Con máis de 20 anos nos escenarios como grupo, Odaiko está formado por percusionistas profesionais con carreiras internacionais e recoñecidos galardóns que avalan a súa traxectoria. Na súa actuación en Rodeiro ofrecerán o seu espectáculo ‘Orixes’, un proxecto no que unen percusión, voz e unha nutrida posta en escena que trata de redimensionar o pasado e a orixe de elementos cotiáns que constitúen o froito dos instrumentos que temos na actualidade.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concerto de Odaiko é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page