top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Deputación de Pontevedra lanza un portal para divulgar as actividades de Nadal nos concellos

A páxina web de Turismo Rías Baixas incorpora un mapa interactivo no que xa se pode consultar a programación festiva de máis dunha vintena de municipios desta provincia


Ecos da Comarca/Xeral

Chega o Nadal e a provincia de Pontevedra énchese de luz e cor, e ofrece unha programación para vivir unha experiencia festiva irrepetible. Co obxectivo de divulgar a programación dos concellos da provincia, a Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, acaba de poñer en marcha un portal no que se poden consultar todas as actividades que se desenvolverán ao longo e ancho da provincia.


Publicidade

Na actualidade máis dunha vintena de concellos xa forman parte da páxina web (https://turismoriasbaixas.com/gl/navidad-rias-baixas), se ben segue aberto o prazo para que máis municipios se adhiran.


Publicidade

A través do mapa interactivo que se pode atopar na devandita páxina web, as persoas poderán buscar que ver e facer para vivir o Nadal nas Rías Baixas. Desta maneira, na páxina poderán consultarse os obradoiros, mercadiños, festas, nacementos, actuacións musicais, feiras de atraccións e todas as actividades programadas tanto para maiores como para os máis pequenos da casa.


Publicidade

Tamén é posible descubrir outros datos, coma os horarios das visitas dos Reis Magos e de Papá Noel aos diferentes concellos ou os días de celebración dos eventos do Nadal.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page