top of page

A Deputación de Pontevedra inicia esta semana 13 novos obradoiros do programa Provincia activa

Preto de 240 veciños de nove concellos, entre eles Lalín, comezan accións centradas en temas como teatro, ximnasia, pilates, risoterapia, memoria, plantas medicinais, pandeireta e canto popular e bailes de salón



Ecos da Comarca/Lalín

A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo os obradoiros do programa Provincia activa, co que está a impulsar o envellecemento activo das persoas maiores da provincia, a fomentar a participación e a crear espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ata 237 persoas maiores de 13 asociacións de Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Lalín, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo e Vigo comezarán a desfrutar das actividades formativas do programa a partir desta semana.


En concreto, onte 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Caselas, de Salceda de Caselas, e 20 da Asociación Cultural e Veciñal Fonte de Lalín de Arriba comezarán o curso de pilates; 18 persoas da AFAMO, de Cangas, o de teatro; outras 18 da Asociación de Xubilados de Vilalonga, de Sanxenxo, o de ximnasia de mantemento para persoas maiores, e 15 persoas da Asociación Veciñal de Fragas, en Campo Lameiro, comezarán o curso de risoterapia. Ademais, o martes 6 de maio 25 persoas da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla, de Sanxenxo, comezarán o curso de ximnasia de mantemento para persoas maiores; 16 da Asociación O Batuqueiro de Vilariño, en Cambados, o de conservando a memoria, e outras 15 persoas da Asociación Cultural Centro Cultural de Cillarga, de Ponteareas, o de pilates.

Por outra banda, o mércores 7 de maio 15 usuarias da Asociación de Mulleres en Igualdade de Madriñán, en Lalín, comezarán o curso de conservando a memoria e 17 persoas da Asociación Veciñal Doutor Fleming, de Vigo, o de plantas medicinais. Ademais, o xoves 8 comezarán o obradoiro de pandeireta e canto popular 17 persoas da Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e de Consumidores e Usuarios de Lavadores, de Vigo; o venres 9 o de risoterapia 15 persoas da Asociación Cultual Deportiva Cidadelle, de Redondela, e o sábado 10 darán comezo ao curso de bailes de salón 22 usuarios e usuarias da Asociación Casa Cultural de Bugarín, de Ponteareas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En total, a Deputación ofertou neste 2025 14 obradoiros no catálogo de Provincia activa divididos en seis bloques temáticos: "Benestar natural" (Plantas medicinais), "Saúde en movemento"  (Pilates, ioga e ximnasia de mantemento para persoas maiores), "Emociónate" (Conservando a memoria, Musicoterapia, Risoterapia e Terapia emocional: Positividade e canalización das emocións), "Outra vida" (Teatro e Restauración de mobles e tapicería), "Con ritmo!" (Bailes de salón e Pandeireta e canto popular) e "Reder@s" (Habilidades dixitais para uso cotián e Informática. Nivel Avanzado).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Provincia Activa conta este ano cun orzamento de 146.000 euros e  ao longo do 2025 desfrutarán dos obradoiros 130 entidades de 40 concellos da provincia.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page