top of page

A Deputación de Pontevedra concede a Lalín dúas achegas, de 13.720 e 3.780 euros

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A primeira cotía é para financiar o Campamento no Mar 2021 e a segunda para un curso de poda e enxertos


Laura Moure/Lalín

Carmela Silva.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860 euros ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas que beneficiarán aos municipios de Cambados, Crecente, A Estrada, Lalín, Nigrán, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa. Neste senso, a presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor estas achegas, destinadas tanto a amortizacións, pagamento de débedas e gastos correntes, "como a todo o que ten que ver coa cultura, que é financiado tamén por esta administración".


No apartado de amortizacións, pago de débedas e gastos correntes, a achega de maior contía será para A Estrada, que recibirá 327.508 euros para as tarefas de reforzo de limpeza e desinfección de espazos públicos. Cambados e Crecente tamén utilizarán as achegas concedidas, por 62.687 e 8.216 € respectivamente, para pagamento de gastos correntes, como as facturas de Sogama. Así mesmo, Crecente poderá abordar con outra achega de 18.023 euros a contratación extraordinaria de servizos de limpeza e desinfección da Covid 19. Salceda recibirá unha achega de 7.500 euros para o acondicionamento de espazos municipais.


No que atinxe á financiación de actividades socioculturais, Nigrán recibirá seis achegas, por un importe de preto de 53.000 euros, que lle permitirán financiar diversas iniciativas, como os programas Vive Nigrán, Nigrán Jazz, Chandefolk, o Campionato de España de Petanca, a Carreira Nocturna e o Servizo Municipal de Canguros. Doutra banda, Ponte Caldelas poderá financiar o seu Programa Cultural de Verán 2021 cunha achega de 31.451, mentres que Vilagarcía recibirá unha achega de 6.000 euros para o proxecto Actívate de Actividades Cognitivas. Por último, Lalín recibirá dúas achegas, de 13.720 e 3.780 euros para financiar o Campamento no Mar 2021 e un Curso de Poda e Enxertos.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page