Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Deputación de Pontevedra aproba novos investimentos para 13 concellos, entre eles Lalín e Dozón

E aproba o convenio con Silleda para que poida seguir prestando servizo de atención electrónica

A xunta de goberno celebrada hoxe.


Laura Moure/Deza

O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados hoxe en xunta de goberno por importe de máis de 580.000 euros. En concreto beneficiarase destas achegas o concello de Cambados, para ao que o órgano provincial aprobou a liña 3 de emprego, e os de Baiona, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, Poio, Salceda de Caselas e Soutomaior, que contarán con investimentos no marco da liña 2, destinada a amortizacións, gasto corrente e actividades.


Concretamente, o concello de Lalín financiará programas culturais, a celebración do Día Internacional do Orgullo así como a promoción turística.


Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica

Doutra banda, o goberno provincial tamén aprobou os convenios con outros 12 concellos dentro do novo contrato para que poidan seguir prestando servizo de atención electrónica. Son os municipios de Soutomaior, Silleda, Mos, Gondomar, Tui, A Cañiza, Barro, Portas, Vilaboa, O Rosal, Rodeiro e Mondariz.


Coa aprobación destes novos convenios, a Deputación leva xa aprobados no que vai de ano 42 acordos con entidades locais para a prestación deste servizo. Hai que lembrar que desde que no 2016 a institución provincial puxo en marcha este servizo, son 54 concellos, seis entidades locais menores e catro mancomunidades os que se teñen adherido.

38 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE