top of page

A Deputación de Pontevedra aproba achegas para os Concellos de Rodeiro e Dozón

Laura Moure/Deza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, que se celebrou este luns, acaba de aprobar novas achegas para distintos concellos das provincia, entre eles para Rodeiro e Dozón.


Así por un lador aprobou por valor de 250.000 de euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que Rodeiro e Tomiño realicen melloras en diferentes equipamentos deportivos. Como explicou o presidente da institución provincial, Luis López, “cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, estamos a reforzar, como nunca antes se fixera, a colaboración cos concellos para modernizar os equipamentos deportivos“.

En concreto, o Concello de Rodeiro, como xa se anunciou a semana pasada nunha visita do presidente a Camba, recibe 89.223 euros para completar a ampliación e mellora das pistas de pádel municipal, que completan os 31.700 euros que xa recibiu o Concello dezán a través da primeira edición do PEID.  Desta maneira, se os recursos do pasado ano permitiron a Rodeiro construir a superficie para unha segunda cancha, os aprobados hoxe permitirán a construción dunha cuberta para as dúas pistas e o peche perimetral da segunda.


Ademais, Tomiño contará con 162.075 € para a execución de novos vestiarios no campo de fútbol municipal “O Alivio”. Unhas instalacións que teñen por obxectivo servir de apoio ás persoas usuarias e para o que é necesario construír unha nova edificación. Desta forma, proxéctase a execución dos traballos necesarios de escavación e movementos de terra para a adecuación da parcela e a execución das cimentacións precisas, a execución da nova edificación e a demolición parcial de elementos do muro de bloque existente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar 2,1 millóns de euros para que A Cañiza, Dozón, Mos, Poio, O Porriño, Ribadumia, Tui, Valga e Vilaboa impulsen novos investimentos a través da primeira liña do Plan +Provincia 2025. O presidente provincial, Luis López, asegurou que o goberno provincial segue “avanzando, unha semana máis, no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación, que xa leva distribuídos preto de 21 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”. 


Desta maneira, A Cañiza, Dozón, Mos e Vilaboa recibirán 960.000 euros para completar o financiamento dos proxectos que xa contan con achegas do Plan Extra e que mobilizan un total de 4,3 millóns de euros. En concreto, A Cañiza recibirá 277.183 € para completar os 700.000 € do Plan Extra para a humanización da rúa Antonio Facorro; Dozón sumará 52.519 € aos 500.000 € deste mesmo plan para a reurbanización e mellora da contorna do Centro Sociocultural, parque público e piscinas municipais no Castro, e Vilaboa completará o orzamento de 987.567 euros cunha inxección do +Provincia de 287.567 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, tamén ao abeiro da liña 1 de investimentos Poio recibirá 160.075 € para a renovación do parque infantil de Ánkar con temática de  Cristobal Colón; O Porriño 251.470 € para a reforma interior do auditorio do Centro Cultural; Valga 360.150 € para a pavimentación de estradas municipais, e Ribadumia 387.646 € para tres proxectos diferentes: 119.751 € para a ampliación e mellora de servizos o lugar da Cruz, na parroquia de Lois, 124.481 € para a mellora de camiño municipal e redes de pluviais e saneamento no núcleo de Barroso, en Sisán, e 143.414 € para a mellora de camiños municipais na parroquia de Lois. Ademais, Tui contará con 260.558 € para as obras do Paseo Corredoira e Augusto González Besada, que contan xa con 795.715 euros do PON2030.


NOTICIA RELACIONADA:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page