top of page

A Deputación de Pontevedra abre hoxe o prazo para que os Concellos soliciten os obradoiros +Reto Dixital

Ofertaranse un total de 68 accións para facilitar ás persoas maiores de 50 anos a súa relación coas administracións públicas e a súa alfabetización dixital en calquera ámbito


Ecos da Comarca/Deza

A Deputación de Pontevedra abre hoxe, luns 3 de marzo, o prazo para que os concellos de reto demográfico da provincia soliciten os obradoiros do novo programa +Reto Dixital. Co obxectivo de formar e capacitar as persoas maiores de 50 anos en competencias dixitais e un orzamento de preto de 30.000 euros, a Deputación organizará preto de 70 accións para facilitarlles a súa relación coas administracións públicas (especialmente para garantir unha cobertura adecuada e acceso a servizos públicos como a sanidade, servizos asistenciais e atención á dependencia), así como a súa alfabetización dixital en calquera ámbito da súa vida cotiá. O prazo de adhesión dos concellos estará aberto ata o 31 de marzo.

foto

Os 68 obradoiros estarán divididos en cinco temáticas: administración electrónica, a sede electrónica da Deputación e do concello, Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA, uso da banda móbil e as compras electrónicas e, finalmente, redes sociais. Poderán optar a eles 34 concellos da provincia, todos os recoñecidos como de reto demográfico coa excepción de Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves por xa se ter desenvolvido neles o proxecto piloto Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural, entre os anos 2022 e 2024. As actividades deberanse realizar entre xuño e decembro de 2025, cun alumnado de entre oito e 15 persoas e os cursos, de cinco horas de duración, terán un custo de cinco euros por persoa e cada concello poderá acoller un total de dous.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O programa +Reto Dixital xorde dun contexto no que a dixitalización de numerosos servizos e xestións da vida cotiá provoca unha fenda dixital entre xeracións e colectivos sociais que non deixa de medrar. Isto ten unha especial incidencia no medio rural, debido á súa menor densidade de poboación e a que esta está cada vez máis envellecida.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page