top of page

A Deputación de Lugo mellorará sete vías que atravesan oito concellos, entre eles Monterroso

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso

Na Xunta de Goberno do venres, a Deputación de Lugo sacou adiante unha importante inversión de máis de 1,37 millóns de euros para mellorar sete vías que atravesan oito concellos da provincia, entre eles Monterroso. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, subliñou que estas melloras na rede de estradas provinciais “é un paso máis no noso compromiso por optimizar as infraestruturas da provincia, facilitando a mobilidade e garantindo unha mellor conectividade entre os concellos”.


Concretamente, en Friol, licitáronse as obras de rehabilitación de preto de dous quilómetros ao inicio da estrada LU-P-2105, que conecta o empalme de Prado con San Paio de Narla, así como a mellora dos dous primeiros quilómetros da LU-P-2115, entre O Vento e Santa Marta, na parroquia de Vilalvite. As actuacións, cun orzamento de 246.887,69€, inclúen a reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización, cun prazo de execución de tres meses. “Estas melloras serán fundamentais tanto para o concello de Friol como para a comarca, facilitando o acceso a recursos turísticos como a Fortaleza de San Paio de Narla e a outros servizos básicos”, destacou Rivera Capón.

En Monterroso e Guntín, mellorarase un tramo de case seis quilómetros da estrada LU-P-3303, que conecta a Nacional 547 coa Nacional 640, cun investimento de 153.217,56€ e un prazo de execución de tres meses. No caso de Ourol e Muras, tamén se mellorarán seis quilómetros da LU-P-3804, cun orzamento de 279.576,9€ e un prazo de execución de dous meses. Nesta caso, avanzou o Deputado, “as actuacións mellorarán a seguridade e accesibilidade nas zonas afectadas”. 


Na Ribeira Sacra, intervirase na estrada LU-P-3201, que conecta Monforte de Lemos con Sober, mellorando o inicio da vía entre os puntos quilométricos 0,814 e 2,540. O proxecto contará cun orzamento de 294.190,37€ e un prazo de catro meses, con especial atención ás zonas escolares. No Corgo, licitáronse as obras de rehabilitación dun tramo de catro quilómetros da LU-P-2904, cun orzamento de 227.099,73€, que complementarán as melloras previas nesta vía. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, no Vicedo, licítase a mellora dun tramo da estrada LU-P-6405, que dá acceso á praia de Xilloi. As actuacións consistirán na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, obras de drenaxe e reposición da sinalización. A Deputación investirá máis de 175.000€ nesta mellora, que terá un prazo de execución de dous meses e afectará ao treito comprendido entre o inicio da vía e o punto quilométrico 1.400.


Pablo Rivera valorou este conxunto de actuacións “como un investimento estratéxico para mellorar as infraestruturas provinciais, contribuíndo á mellora da mobilidade, a seguridade vial e o desenvolvemento económico das nosas localidades”.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page