top of page

A Deputación de Lugo mellorá estradas nas comarcas de Chantada, A Ulloa e a Terra Chá

Laura Moure/A Ulloa

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo investimento para mellorar a mobilidade da provincia por un importe de case 1M€ nun total de nove estradas que discorren por cinco concellos da provincia. A Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, informou tras a sesión celebrada onte que “hoxe seguimos avanzando na contratación de novas obras, facendo un esforzo inversor enorme para rehabilitar manter e mellorar a rede de estradas da nosa provincia, a máis extensa de todas as Deputacións, cun total de 4217 quilómetros de lonxitude”.

Concretamente, a institución provincial licitou por un importe de 550.000 euros dous proxectos que mellorarán 8 estradas nos concellos de Taboada, Monterroso e Chantada. No caso de Taboada, mellorarase un tramo de 14 quilómetros da LU-P-4905, a estrada que conecta Portomarín e o enlace coa vía autonómica LU-633. As obras, que afectarán ao treito comprendido entre entre o quilómetro 10,652 e o 24,631 na parroquia de Vilarbasín, en Portomarín e a de Bembibre, en Taboada, consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de imperfeccións, repavimentación e reposición da sinalización vertical. 


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pilar García Porto subliñou que “estes traballos mellorarán notablemente as comunicacións entre ambos concellos, xa que é a estrada máis directa entre ambas, e tamén ós veciños e veciñas das diferentes parroquias ás que dá servizo directo”. Ademais, este proxecto que sae a licitación por un prezo de máis de 240.000€ mellorará tamén a totalidade da LU-P-6003 que, con algo máis de dous quilómetros, conecta Couto, en Taboada con Viloíde, en Monterroso.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

En Chantada, a Deputación acometerá melloras en varios tramos de seis estradas por un importe de máis de 300.000 euros. A actuación incluirá máis de 8 quilómetros da LU-P-1002, que conecta a Barrela coa Tilleira, desde o quilómetro 6, á altura de Esmoriz ata o quilómetro 14. Tamén se mellorará a totalidade da LU-P-1802, que une Chantada co Encoro de Belesar, e un medio quilómetro da LU-P-1803, que vai de Camporramiro a Castro de Carballedo, á altura da parroquia de Vilaúxe. Tamén, na totalidade da LU-P-1805, que conecta Seixo e Esmoriz, e os tres últimos quilómetros da LU-P-1806, que une Garabelos con Santa Rosa, así como os primeiros 100 metros da LU-P-11818, que enlaza coa N-540 á altura da parroquia de Pereira. 


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page