Ecos da Comarca/Palas de Rei
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación de obras por preto de 650.000 euros para a mellora de catro en estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Cospeito, Guntín, Friol, Palas de Rei, Paradela, O Saviñao e Castro de Rei. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión semanal celebrada no Pazo de San Marcos.

“Continuamosfacendo un gran esforzo investidor para manter e mellorar a rede viaria provincial. Sempre dicimos que, con 4.217 quilómetros de lonxitude, temos a rede viaria provincial máis extensa de todas as Deputacións en España e tres veces maior ca da propia Xunta de Galicia en Lugo. Unha Xunta de Galicia que ten un Orzamento 115 veces superior ao que temos na Deputación de Lugo”, valorou García Porto, quen especificou que o Goberno autonómico conta con 13.257M€ fronte aos 116M€ do provincial.
Publicidade
Ovisa Pavimentos e Obras SLU resultou adxudicataria, por 196.988€, da rehabilitación dun novo tramo, de tres quilómetros, da estrada provincial que une Lugo (polo Burgo) e Palas de Rei, a LU-P-2901. O proxecto afecta ao treito que vai desde o quilómetro 18,445 ao 21,370, ao seu paso polos concellos de Guntín, Friol e Palas e consiste na reapertura de cunetas, tarefas de limpeza e drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e o pintado da vía con marcas reflexivas brancas e a sinalización vertical.
Publicidade
O prazo de execución é de dous meses unha vez iniciadas as obras. A empresa inclúe entre as melloras 40 metros de cuneta revestida e o aumento do prazo de garantía en tres anos. García Porto explicou que con esta nova actuación, a LU-P-2901 quedará “practicamente renovada na súa totalidade porque estes traballos dan continuidade ás melloras xa acometidas polo Goberno provincial, cun investimento de máis de un millón de euros”. E lembrou que nesta estrada a Deputación actuou recentemente entre os puntos quilométricos 3,340 e 5,400; entre os puntos 5,500 e 13,100; e entre os quilómetros 21,370 e o 25,000.
Comments