top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación de Lugo enxalza a comarca da Ulloa no salón turístico da Estrada en torno ao río Ulla

Laura Moure/A Ulloa

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, participou este venres na inauguración do salón turístico GastroTur do Ulla. Na cita, que celebra esta fin de semana a súa primeira edición no Recinto Feiral da Estrada, a Deputación de Lugo enxalza os concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso e tamén o resto da provincia, ofrecendo aos visitantes material divulgativo da contorna a través dun expositor.

“Na Deputación de Lugo levamos tempo traballando nun modelo de turismo que xira en torno ás experiencias. Traballamos cada día por impulsar e potenciar un turismo de calidade, de proximidade e sostible, capaz de conmover ao visitante”, valorou García Porto durante o acto inaugural. Engadiu a Deputada que “esta feira vai en liña con esa forma de entender a promoción do territorio e por iso estamos aquí, cun expositor, formando parte desta primeira edición que seguro que será un éxito”.


Publicidade

Utilizando o Ulla como fío condutor, GastroTur do Ulla nace coa vontade de promocionar as riquezas e singularidades da zona situada á beira deste río. Entre as actividades previstas que se celebran estes días hai diferentes charlas sobre gastronomía, turismo e deportes.


Publicidade

Ademais, o recinto –cunha superficie expositiva de 8.500 m2- acolle unha exposición do Campionato Internacional de Pesca do Salmón, un foro de negocios e simuladores de viaxes sensoriais polo territorio.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page