top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Deputación de Lugo concédelle á MVMC de Filgueira de Palas de Rei 5.981,81€

Irán destinados ao arranxo do lavadoiro e o sistema de abastecemento asociado


Laura Moure/Palas de Rei

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o último paso administrativo para o pago de 14 subvencións dentro do programa da Deputación para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. En total son máis de 80.500€ para diferentes entidades de 11 concellos da provincia, entre eles de Palas de Rei.


  • Á MVMC San Miguel do Páramo de Castroverde, 6.000€ para o acondicionamento e mellora da fonte de Arrubial.

  • Á MVMC de Villabad de Castroverde, 6.000€ para a mellora do firme do vial comunal no monte de Vilabade.

  • Á asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Cospeito, 3.997,3€ para o acondicionamento do caseto do río e a adquisición de equipamento.  

  • Á asociación veciñal Escola da Asnela de Espasante de Arriba, de Riotorto, 6.699€ para a mellora do entorno e acondicionamento da fonte pública da Vila. 

  • Á asociación de veciños Vilar de Santiago, de Riotorto, 5.690€ para o acondicionamento da fonte do lugar da parroquia da Muxueira.  

  • Á asociación de Santiago de Sobrecedo, en Taboada, 6.000€ para o acondicionamento de accesos e fontes.

  • Á asociación de Agro Pena da Vila, de Friol, 5.274,5€ para a dotación dun local social.


Publicidade

  • Á asociación Santa Cruz do Valadouro, 5.878,71€ para o acondicionamento dunha pista forestal.

  • Á asociación Castro Celta de Taboada, 5.985€ para o acondicionamento dun local social.

  • Á agrupación veciñal de Peizais, da Fonsagrada, 6.000€ para a mellora da traída de augas desta aldea da parroquia de Neiro.

  • Á MVMC de Sabadelle Seixón de Portomarín, 6.000€ para a mellora e adecuación do firme en diferentes vías e accesos.


Publicidade

  • Á MVMC de Filgueira de Palas de Rei, 5.981,81€ para o arranxo do lavadoiro e o sistema de abastecemento asociado.

  • Á Agrupación Veciñal de Santalla, en Cervantes, 6.000€ para a rehabilitación da fonte e do seu entorno deste lugar situado na parroquia de Ambasvías.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page