top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Deputación de Lugo cédelle ao Concello de Monterroso algo máis de 200 metros da LU-P-3301

Este vial conecta a vila co lugar do Marco, na parroquia de Ligonde


Ecos da Comarca/Monterroso

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes as solicitudes de cambio de titularidade de dous tramos doutras tantas estradas provinciais. Por un lado, acordouse a cesión ao Concello de Monterroso de algo máis de 200 metros da LU-P-3301, que conecta a vila co lugar do Marco, na parroquia de Ligonde. En concreto, o treito cedido vai do inicio da vía ao punto quilométrico 0,210.


Publicidade

Por outra banda, aprobouse transferir a titularidade ao Concello de Outeiro de Rei dun treito de máis de dous quilómetros da LU-P-3907, que comunica a parroquia de Arcos co polígono do Ceao. Trátase en concreto do tramo que vai da intersección desta vía provincial coa LU-P-3906 –de Bonxe a Rozas- ata o límite municipal co concello de Lugo. É un tramo con moito tráfico porque é onde se sitúa o complexo deportivo D10.






0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page