top of page

A Deputación de Lugo aproba máis de 3M€ para o desbroce da rede de estradas provinciais, entre elas na Ulloa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/A Ulloa

A Xunta de Goberno aprobou este venres un investimento de máis de 3M€ para acometer as tarefas de desbroce dos 4.217 quilómetros de estradas provinciais, entre elas da Ulloa. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que a licitación do contrato para a prestación do servizo terá unha duración de dous anos, prorrogables por outro.

Foto de arquivo.

García Porto subliñou que “a rede viaria da Deputación de Lugo é a máis extensa de toda España e para o seu acondicionamento e mellora destinamos moitos recursos económicos”, lembrando que neste ano 2024 están consignados 20M€ nos Orzamentos para as estradas  provinciais, o que supón un incremento dun 42% no último mandato. Uns recursos destinados a tarefas de mellora, de desbroce, de conservación e de mantemento das vías.


Detallou a Deputada que o contrato para os desbroces cuxa licitación aprobou este venres a Xunta de Goberno está dividido en 24 lotes, correspondentes ás distintas zonas xeográficas da provincia, “para facilitar o desenvolvemento máis áxil e eficiente dos traballos”, engadindo que se trata dunha “tarefa fundamental” coa que a Deputación de Lugo “mellorará a seguridade viaria e a comodidade dos condutores, ademais de favorecer a prevención dos incendios”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As 24 zonas nas que está dividida a rede provincial para acometer os desbroces son as seguintes.

  • Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.

  • Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.

  • Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.

  • Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.

  • Zona 5: Mondoñedo e Abadín.

  • Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.

  • Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.

  • Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.

  •  Zona 9: Lugo e Guntín.

  •  Zona 10: Castroverde e O Corgo.

  •  Zona 11: Friol.

  • Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.

  •  Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

  •  Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

  •  Zona 15: Becerreá e As Nogais.

  •  Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.

  •  Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.

  • Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.

  •  Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.

  •  Zona 20: Taboada e O Saviñao.

  •  Zona 21: Chantada e Carballedo.

  •  Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

  •  Zona 23: Bóveda, A Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

  • Zona 24: Pantón e Sober.


Melloras en estradas de Monforte, O Corgo e Ribas de Sil

Tamén en materia de estradas, a Xunta de Goberno aprobou está mañá a adxudicación de obras de mellora na LU-P-0901, que conecta os concellos de Bóveda e Monforte de Lemos por un importe de preto de 120.000€. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez y Cía, o proxecto ten un prazo de execución de 3 meses e afecta a un tramo de dous quilómetros e medio, entre o punto quilométrico 8,319 e o 10,709. 


Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente, e a sinalización horizontal e vertical. Ademais, inclúe unhas melloras de obra consistentes no aumento da lonxitude da cuneta en 15 metros e medio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Xunta de Goberno aprobou así mesmo o orzamento definitivo das obras de arranxo que tivo que acometer de emerxencia a Deputación en dúas estradas tras as intensas choivas de finais do ano pasado. Por un lado, aprobou un presuposto de preto de 64.000€ para a LU-P-5303, ao seu paso polo concello de Ribas de Sil, no punto quilométrico 5,200, onde tivo que restituír o sostemento da estrada como consecuencia do colapso do muro e a pavimentar a zona afectada.


Por outra parte, aprobou algo máis de 79.400€ para o Cinto Comarcal, á altura do concello do Corgo. As obras consistiron na instalación dun marco de formigón prefabricado co obxectivo de canalizar a saída da auga dun xeito máis eficiente, a pavimentación do firme e a implantación dun sistema de contención, e a reposición da sinalización.


Subministro de material eléctrico

Na reunión deste venres, o Executivo provincial deu o visto bo á licitación dun contrato para o subministro de diverso material eléctrico para a sección de mantemento da Deputación de Lugo por un importe de 30.250€. A duración deste contrato será dun ano, con posibilidade de prórroga por outro máis, sen que a duración total exceda os dous anos.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page