top of page

A Deputación de Lugo aproba as bases do Plan Deputación de 2026 do que se beneficia A Ulloa

A normativa que regula esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios, seguindo criterios obxectivos, publicaranse no BOP o 7 de xaneiro, permitindo ás entidades locais traballar con máis tempo


Laura Moure/A Ulloa

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes vén de aprobar as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2026, que sobe ata os 22,25M€. Esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios segue criterios públicos e obxectivos -a poboación, o índice de envellecemento ou a dispersión territorial- e mantén un respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor do PSdeG, do BNG e do deputado non adscrito, e a abstención do Partido Popular.


Este acordo permitirá aos 67  concellos da provincia, entre eles os tres da Ulloa, desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. A Deputación de Lugo dá así resposta ás situacións e necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía, xa que é cada un dos diferentes gobernos locais os que deciden en que queren investir estes fondos provinciais.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Este é o sexto ano consecutivo que o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor estes recursos.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A normativa que regula esta ferramenta de cooperación publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 7 de xaneiro, o que permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.


O total da distribución de fondos aos concellos é de 22.250.000 euros. Da comarcas da Ulloa:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page